mércores, 8 de outubro de 2014

A miña primeira entrada


Ola, blogueir@s!



Esta é a miña primeira entrada coma blogueira, co cal síntome bastante inexperta niso de escribir. É certo que no diseño del non tanto xa que teño unha pequena experiencia co blog que ten a miña irmá favorita ( que sexa a única que teño non ten nada que ver.. jajaj ). Invítovos a que lle botedes unha ollada:  http://confesionesdesdemiarmario.blogspot.com.es/ 

A razón da creación deste blog é que a miña profesora Manuela mandou facelo  co fin de ir amosando ó mundo o proceso do Traballo de Fin de Máster, que por certo inda non teño o tema moi ben definido, por non dicir que só teño o campo. No traballo de fin de grao, o ano pasado, tamén me costou dar con un que me gustase e que ó mesmo tempo fora un pouco orixinal. Sei que me levará moitos quebradeiros de cabeza e moito tempo dándolle ós miolos pero o final darei con un estupendo, e así aportar o meu pequeno gran de area á investigación.


Unha aperta e que teñades unha boa semana!